Sustentabilidade en feminino é un proxecto que busca

amosar as achegas das mulleres ao desenvolvemento sustentable

e á conservación dos nosos mares.

Mariscadoras, redeiras, traballadoras da salga e da conserva,

investigadoras mariñas e en educación, de hoxe e do pasado tiveron,

teñen e terán un papel determinante no uso

dos recursos mariños dun xeito responsable

que garanta o seu futuro.

 

A través de vídeos, imaxes , entrevistas e documentación recollida

por toda a xeografía galega, este proxecto no que participan

a Deputación Provincial de Pontevedra, a Unidade de Igualdade

da Universidade de Vigo e o Campus de Excelencia Internacional –

Campus do Mar, coa colaboración do Museo Massó,

dá voz ás mulleres que teñen o mar

como medio de vida para que aporten a súa visión

sobre a importancia e os beneficios da conservación

dos océanos sustentables.