Téñense novas, polo menos desde a época medieval, de que as mulleres se dedicaban á venda do peixe nas vilas mariñeiras, polas portas ou nos mercados ao aire libre e logo nos mercados cubertos. Unha actividade que veñen desempeñando ata a actualidade.

Tamén participan nas poxas nas lonxas.

Non é doado localizar mulleres subasteiras, mais nas fotos da exposición pódese ver a última subasteira da saga das Xulianas na lonxa de Bueu.

As mulleres das vilas mariñeiras son mulleres fortes que cargan, descargan e transportan sal, croques, argazo, aparellos, sempre a ter man de fillas e fillos, que coidaban e coidan da casa e da familia.