No presente proxecto buscouse a sinerxía entre oficios das mulleres do mar e a investigación mariña.

Nesta liña, optouse por amosar as investigacións da doutora Elsa Vázquez, catedrática de bioloxía mariña da Universidade de Vigo, especialista en bioloxía reprodutiva e larvaria de invertebrados mariños, bioloxía e ecoloxía de recursos marisqueiros e especies invasoras e cambio climático en ecosistemas mariños costeiros. Liñas que están relacionadas directamente coa actividade e as preocupacións das mariscadoras e, obviamente, con problemas do Cambio Ambiental Global.

Respecto á investigación educativa, optouse por dúas liñas complementarias:

  • Educación científica para a sustentabilidade auxiliada por TIC, referida ás ciencias do mar e ao Cambio Global, que representa a investigadora Geraldine Fauville (Universidades de Stanford e Gotenborg).

  • A introdución da perspectiva de xénero no enfoque anterior, que desenvolven as investigadoras en Didáctica das Ciencias Experimentais, Mari Lires, Azucena Arias e María Lorenzo, da Universidade de Vigo, tenta poñer de manifesto a presenza de mulleres na investigación oceánica e recuperar os saberes empíricos (salga, secado, conserva) de millóns de antecesoras anónimas para incorporalos ás aulas dos diferentes niveis educativos.

Oceanógrafas galegas:

Máis información