O marisqueo é unha actividade coñecida desde que os primeiros seres humanos se asentaron nas costas galegas.

O marisqueo a pé, considerado como unha actividade subsidiaria, é unha historia de marxinación e subordinación feminina contra a que as mariscadoras tiveron que loitar, dentro do sector pesqueiro, onde o marisqueo sempre se considerou o “parente pobre” da pesca.

Xorden as agrupacións de mariscadoras contra finais do século XX na defensa dos seus intereses, comezan a facerse ouvir nas confrarías e as Administracións tiveron que regular a actividade marisqueira.

As mariscadoras agora son “visibles” para controlar todo o proceso da súa actividade: planifican, capturan o produto, deciden canto se vende e teñen unha relación especial co mar onde traballan: coñecen os seus dereitos de explotación.

Tratan o mar dun xeito intelixente, o que lles permite ir un paso máis aló da actividade extractiva e realizar actividades de cultivo do mar.

Para saber máis: