Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Casa das Campás

16 abril 2018 12:00 am - 21 mayo 2018 12:00 am

Comisariada pola profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte María Álvarez Lires e desenvolvida coa colaboración de Deputación de Pontevedra, Campus de Excelencia Internacional-Campus do Mar e Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, a exposición que ata o 21 de maio poderá visitarse na sede da Vicerreitoría chega a este espazo tras pasar polos tres campus da institución académica. “A idea de traela de volta aquí é a de achegala á cidade”, sinala Álvarez Lires dunha mostra que reúne nos seus diferentes paneis unha escolma de 40 fotografías, que abranguen desde as primeiras décadas do pasado século á actualidade, co propósito de pór en valor o traballo, “moitas veces invisible”, desenvolvido polas mulleres en diferentes sectores e actividades vinculadas ao mar. Traballadoras da salga e da conserva, mariscadoras ou vendedoras de peixe protagonizan así unha exposición que presenta un bo número de fotografías inéditas e que se completa con dous paneis dedicados ás oceanógrafas Aida Fernández Ríos e Ángeles Alvariño e que o grupo de investigación da Área de Didáctica das Ciencias Experimentais desenvolveu xunto cunha webcon diferentes recursos, “que continuamos ampliando con novos materiais”.

Detalles

Comienza:
16 abril 2018 12:00 am
Finaliza:
21 mayo 2018 12:00 am

Local

Casa das Campás
Rúa Don Filiberto, 9
Pontevedra, Pontevedra 36002 Spain
+ Google Map
Teléfono
986 80 20 80