Sustentabilidade en feminino é un proxecto que busca amosar as achegas das mulleres ao desenvolvemento sustentable e á conservación dos nosos mares. 

Mariscadoras, redeiras, traballadoras da salga e da conserva, investigadoras mariñas e en educación, de hoxe e do pasado tiveron, teñen e terán un papel determinante no uso dos recursos mariños dun xeito responsable que garanta o seu futuro.

A través de vídeos, imaxes , entrevistas e documentación recollida por toda a xeografía galega, este proxecto no que participan a Deputación Provincial de Pontevedra, a Unidade de Igualdade  da Universidade de Vigo e o Campus de Excelencia Internacional -  Campus do Mar, coa colaboración do Museo Massó, dá voz ás mulleres que teñen o mar como medio de vida para que aporten a súa visión sobre a importancia e os beneficios da conservación dos océanos sustentables.