Nos séculos XVIII ao XX desenvólvese a industria da salga e despois a da conserva.

As mulleres acceden ás fábricas desempeñando traballos de preparación, cocción e empacado do peixe, carga, descarga e limpeza, menos valorados que os masculinos de soldador ou encargado, con salarios menores e en condicións máis duras. Sofren acoso sexual, maltrato e contratos máis precarios que os dos homes. Había traballo infantil de nenas e nenos.

A situación era tan grave que as sociedades obreiras femininas buscarán impedir os malos tratos por parte de encargados e donos. Manterase a diferenza salarial e a segregación ocupacional por sexo, sen que os sindicatos fixesen nada por evitala nin pola promoción interna das mulleres.

Para saber máis: